a partir das 21:00 h. Serán Aberto.- …con día, que alumee o sol, que quente os corpos, as almas e os corazóns, que os prepare para a noite, quentura, ata que de novo chegue o día… De Tordoia a Toutón.- De Trazo e Tordoia a Mondaríz, Pazos de Borbén e Soutomaior, da rúa ao serán, encontró de xentes, danzas e músicas, de onte e de hoxe de sempre…. en Couso, un anaco, nas nosas almas, todo. Nas aldeas e lugares destes concellos do interior da provincia de Pontevedra podemos atopar una festa calquera día a tardiña, no serán, e ata entrada a noite. Cantar e Bailar é o que gusta a esta veciñanza, sobre todo aos mais maiores, que nos alegran e nos entregan un legado de incalculable valor. Treboeiros da Muimenta . Tomiño.- Cara o norte, cara o sur, cara Portugal, de Portugal, …ei ven a festa, a alma, a música…xa chega. Que trema todo o mundo aí veñen os Treboeiros da Muimenta cos seus bombos xigantes . Pablo Seoane.- Pablo Seoane é un gaiteiro de recoñecido prestixio, natural de Teo, que xunto o seu grupo xa ten dous discos no mercado, o primero chamado Pablo Seoane: Gaiteiro, e o segundo, con xa 3000 copias vendidas, Fluindo en pechado. Cunha longa traxectoria dende os oito anos dentro do mundo da música, ten participado no Festival de Lorient durante dez anos consecutivos e como solista recorreu escenarios de Xapón, Alemania e Dubai. O grupo de Pablo Seoane, está formado por seis músicos que no seu espectáculo non soio presentan música tradicional senón que experimentan ca variación de ritmos, introducindo arranxos instrumentais cos sonidos do clarinete e do saxofón. Mais información en http://www.pabloseoane.com/
Ardentía.- Os contos, as músicas, as cantigas e en definitiva toda a cultura oral non e mais (nin menos) que pequenos anacos da ialma dos nosos devanceiros. Este patrimonio intanxible creado nos tempos da suevia foi crecendo e cambiando ó traverso dos anos, enriquezendo o fume das lareiras e quentando os fríos das romeirias. Nesta cadea temporal de eslabóns imaxinarios Ardentía mistura gaitas, zanfonas, acordeóns e voces nunha xénese de melodías. Mais información en http://www.ghastaspista.com/retelland.php Tiruleque.- Alá polo 2002 xurde TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de "etiquetas" que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo "música galega" nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa maneira a tradicción, TIRULEQUE recurre a súa propia intuición musical á hora de arranxar melodias tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso da tonalidades e modos. Mais información en http://www.myspace.com/tirulequemusicagalega Magnifique Bande dos Homes Sen Medo.- Prepárense vostedes para sucumbir ós encantos dos Homes Sen Medo, uns pintorescos á par que elegantes persoeiros que motivados polo seu voraz ego decidiron utilizar os seus coñecementos (son xente con estudos, algúns deles incluso musicais) para o deleite da plebe, paseantes, melómanos, festeiros… en definitiva, a chusma que non ten qué facer. Son unha banda de rúa de música dixie. Desde bandas galegas como Matraca Perversa, GalegoZ o The Sweat, levantan as rúas co seu ritmo imponente. 2 saxos, trompeta, tuba, trombón, guitarra e percusions son os instrumentos desta orixinal formación. Mais información enhttp://www.myspace.com/amagnifique
Foliada Aberta.- Continua a festa, despertemos o sol, sigamos co baile ata que veña o novo día.
O día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.
FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009
Dia 15:NOSA SEÑORA
Sesión Vermú: 14:30 h - C.C. A Ponte Vella Noite: 22 30 h. - MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO - MARFUL SEXTETO - THE TURRE´S BAND
Dia 16:SANTISIMO
Sesión Vermú: 14:30 h. -Tamparrantán A Partir das 22:30 h. -Concerto da Banda Municipal de A Estrada -Os Alegres da Buraca -As Pandereteiras de Toutón -Sesión de Baile ca Banda Municipal de A Estrada
Comenzamos a actualizar as Novas, contando a granXuntanza de Músicas e Xentes que fixemos nafesta do outono alá polo mes de novembro. Unha boa disculpa para xuntar ós festeiros.
Estamos de vacacións. O fixemos, xunto a todos vos, a mais grande foliada recordada. Pouco a pouco, iremos ademais mostrando as mellores imaxes para recordar esa noite. E avisamos, xa estamos ideando a festa do ano que ven.
Como incorporación de última hora o cartel de As Nosas Músicas, anunciarvos que imos contar coa MAGNIFIQUE BAND que vai animar o campo da festa entre concerto e concerto. A MAGNIFIQUE BAND des hommes sans medo, é unha banda de rúa de música dixie. Desde bandas galegas como Matraca Perversa, GalegoZ o The Sweat, levantan as rúas co seu ritmo imponente. 2 saxos, trompeta, tuba, trombón, guitarra e percusions son os instrumentos desta orixinal formación.
Serra-lhe aí!!! vai grabar o directo do seu concerto, e para iso vai contar coa colaboración de Pandeiromus, Edelmiro Fernández, Iván Costa, Luis Caruncho, Carlos do Viso, Mudito, Pichi, Pablo Bermúdez e moitos mais amigos. E todos os que estemos na festa crearemos o mellor ambiente para este disco.
Cóntanos o teu paso por As Nosas Músicas de anteriores edicións, ou se tes imaxes de tí e os teus amigos que queiras compartir con todos nós, envíaas o noso correo asnosasmusicas.couso@gmail.com e publicarémolas no blog.
Como o ano pasado tivemos que suspender os concertos pola tronada que caeu, e soio pudemos facer unha pequena-gran ruada, este ano imos a por todas e con mais ganas.
Xa temos as camisetas deste ano, podedes atopalas nos sitios de sempre.
viernes 18 de julio de 2008
E non hai festa sen boa música e baile.
Iniciamos esta bitácora que nos vai levar un ano mais, e xa van trece, A noite da Música TradicionalAs Nosas Músicas, o 14 de agosto do 2008 no campo da festa de Couso - A Estrada.